Club de lectura do cómic

Biblioteca Municipal do Porriño

  • Sobre o e-club

  • Categorías

  • Arquivos

Archive for Decembro 2007

Cómics para o Nadal

Posted by biblioporrinocomic o Decembro 19, 2007

Aquí tedes máis cómics para ler neste Nadal. Destacar que comezamos a incorporar as series de Bone (de Jeff Smith), e Klezmer, de Joann Sfar, así como completamos a produción de Joe Sacco.

  • La conquista del Este / Joann Sfar.– Barcelona : Norma, 2006.– 1 v. (pax. var.) : cómic cor ; 25 cm.– (Nómadas (Norma). Klezmer ; 1)
    CXE / R. 16701

  • Feliz aniversario, Scylla / Joann Sfar.– Barcelona : Norma, 2007.– 1 v. (pax. var.) : cómic cor ; 25 cm.– (Nómadas (Norma). Klezmer ; 2)
    CXE / R. 16702
  • Salidas de emergencia / Gema Arquero y Rosa Navarro.– Barcelona : Odeonia, 2006.– 129 p. : cómic cor ; 10 cm
    CXEE / R. 16689

  • La ilusión de Overlain / Luis Durán.– [Barcelona] : Planeta DeAgostini, D.L. 2005.– 172 p. : cómic b. e n. ; 28 cm.– (Especial BD (Planeta DeAgostini))
    CXEE / R. 16679

  • El pie frito / Miguel Calatayud.– 2ª ed.– Valencia : Edicions de Ponent, 2004.– [72] p. : cómic cor ; 28 cm.– (Mercat (Edicions de Ponent) ; 5)
    CXEE / R. 16678

  • El viaje / Baudoin.– [Bilbao] : Astiberri, 2004.– [232] p. : cómic b. e n. ; 24 cm.– (El sillón orejero (Astiberri))
    CXE / R. 16694

  • Gorazde, zona protegida : la guerra en Bosnia oriental, 1992-1995 / Joe Sacco ; [traducción, Roberto Rodríguez].– 2ª ed.– Barcelona : Planeta-DeAgostini, 2007.– 227 p. : cómic b. e n. ; 26 cm.– (Trazado (Planeta DeAgostini))
    CAAI / R. 17000

  • La Edad de Bronce : mil naves / de Eric Shanower.– Sant Adrià de Besós (Barcelona) : Azake, D.L. 2003.– 2 vol. : cómic b. e n. ; 26 cm
    CXAI / R. 16679

  • Los ojos de la tormenta / guión y dibujo de Jeff Smith ; color de Steve Hamaker.– 2ª ed.– Bilbao : Astiberri Ediciones, 2007.– 180 p. : cómic cor ; 24 cm.– (Bone (Astiberri) ; 1)
    CXAI / R. 16690

  • La gran carrera de vacas / guión y dibujo de Jeff Smith ; color de Steve Hamaker.– Bilbao : Astiberri Ediciones, 2006.– 138 p. : cómic cor ; 24 cm.– (Bone (Astiberri) ; 2)
    CXAI / R. 16691

  • Los ojos de la tormenta / guión y dibujo de Jeff Smith ; color de Steve Hamaker.– Bilbao : Astiberri Ediciones, 2006.– 180 p. : cómic cor ; 24 cm.– (Bone (Astiberri) ; 3)
    CXAI / R. 16692

  • Estúpidas, estúpidas mostrorratas : aventuras de Big Johson Bone, héroe de la frontera / guión de Tom Sniegoski ; dibujos de Jeff Smith. Costilla / guión de Tom Sniegoski ; dibujos de Stan Sakai.– Bilbao : Astiberri, 2007.– 101 p. : cómic ; 27 cm.– (El mundo de Bone (Astiberri))
    CXAI / R. 16999
Advertisement

Posted in Incorporacións | Leave a Comment »

Dámsmitt, de Benlloch e Cráneo

Posted by biblioporrinocomic o Decembro 7, 2007

damsmittDámsmitt / Benlloch, Cráneo.– [Madrid] : Dibbuks, D.L. 2006.– 52 p. : cómic cor ; 24 cm
D.L. M 24630-2006.– ISBN 84-934919-3-4
1. Cómic galego. 2. Cómic gallego.– I. Cráneo, Manel
821.134.4-91″20″
R. 16532

Kike Benlloch (guión) e Manel Cráneo (debuxos), son os creadores de “Dámsmitt”, una pequena novela gráfica de 64 páxinas en bicolor, publicada por Dibbuks e presentada no Salón do Cómic de Barcelona no 2006. “Dámsmitt” presenta unha trama escura, enigmática e case policial, ambientada nun mundo ficticio pero potencialmente real. Parece como se o século XIX continuara a súa andadura histórica sen grandes cambios sociais, aínda que si tecnolóxicos, para dar creado un mundo onde se conxugan os carros de cabalos e o rapé, cos robots humanoides, ao estilo da Liga dos Homes Extraordinarios. Unha sociedade burguesa, cun control e vixianza case enfermizas da poboación, cos sindicatos prohibidos e reivindicacións subversivas de dereitos laborais tan básicos como a folga. Unha sociedade cun aparato burocrático pesado, anquilosado e nebuloso, que, persoalmente, non deixa de recordarme o ambiente de “O castelo” de Kafka ou mesmo de “O Pazo dos sonos”, do escritor albanés Ismail Kadaré.

Nese aparato burocrático están inmersos Cäil Rulmarus e Adbert Dámsmitt, funcionarios do Correo Imperial no Pazo Postal, unha especie de acrópole na megolópole do imperio, onde saen e chegan as cartas de todos os recunchos do imperio a través de dirixibles. Ambos son personaxes tamén escuras, que tentan esconder as súas orixes e os seus problemas familiares: o primeiro, por ser de etnia xitana e pertencer a unha familia desestructurada; o segundo, cuxo apelido da nome ao cómic, tan obsesionado coa subversión que chegou a denunciar á súa propia familia ás autoridades.

Ámbolos dous compórtanse con corrección e acatan as normas dunha sociedade inxusta, pero aínda así son cuestionados pola implacable máquina fiscalizadora do Estado e perseguidos pola misteriosa figura do comisario Fornellius. Todo, parece, ten algo que ver (non está claro de todo), coa recepción dun paquete anormal no Correo Imperial, unha caixa estraña, que dará lugar a todo tipo de teorías e que fará correr a imaxinación de Dámsmitt, un home que, a medida que transcorre a historia peor nos vai caendo mentres crece a valoración de Rulmarus. Remata a historia nun falso reportaxe xornalístico, tan de moda ultimamente no mundo audiovisual aínda que, recordemos, a obra xa ten un aniño.

Persoalmente, o mellor do cómic para min (e sempre para min) é a recreación ambiental da historia, esa plasmación dunha sociedade gris e “naftalínica”. O peor, que non me acaban de gustar esas historias policiais que se resolven nas últimas dúas páxinas con elementos que antes non apareceron, supoño que por todas aquelas noites coa señora Fletcher, a de “Se ha escrito un crimen”, que che metía unha personaxe nova a dous minutos do final e botaba por terra media hora de reflexións. As comparacións son odiosas, e máis neste caso, quizais porque trátase esta dunha obra que hai que ler máis dunha vez para comprender todos os camiños que nos abre, todas as frontes concentradas en apenas 64 páxinas de historia.

Moi recomendable.

Posted in Recensións | Leave a Comment »