
Inauguramos hoxe, 1 de abril de 2008, a exposición sobre banda deseñada “As bases da banda”, creada pola Asociación Cultural BD Banda para achegar a historia do cómic a todos e expoñer os traballos dos autores galegos, que están vivindo un momento de eclosión. Esta mostra contén 10 paneis de grandes dimensións onde de desenvolven varios temas en relación con este tipo de creación, e onde se explica dende que é a banda deseñada, pasando pola súa historia, a linguaxe empregada, a realización de guións e estilos de debuxo, xunto cunha serie de recomendacións a lectores e escritores por parte do colectivo. Esperamos que a disfrutedes e que sirva, de novo, como un axeitado complemento á nosa Comicteca.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
This entry was posted on Abril 1, 2008 ás 2:10 pm and is filed under Noticias.
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed.
You can leave a response, ou trackback from your own site.
Deixar unha resposta