Club de lectura do cómic

Biblioteca Municipal do Porriño

  • Sobre o e-club

  • Categorías

  • Arquivos

Información

Información xeral

O e-Club Virtual de Lectura do Cómic da Biblioteca do Porriño pretende ser un espazo de encontro no que, a través de informacións, recensións e experiencias compartidas entre todos, darémoslle unha volta de torca ao mundo do cómic a partir da comunidade de usuarios da biblioteca porriñesa. Periodicamente engadiremos críticas dunha obra ou serie en concreto que valoraremos coas nosas impresións, apreciacións e opinións a través de comentarios aos post incluidos polo administrador.
As posibilidades deste entorno dixital permiten que non necesitemos estar presentes nun mesmo espazo físico e ao mesmo tempo para facer efectiva a dinámica tradicional dun club de lectura, senón que poderemos participar cando queiramos na crítica aberta ao redor da obra en cuestión. Agardamos a vosa participación activa neste entorno de lectores e autores de cómics para dinamizar a vida deste xénero que ata ben pouco non recibiu todo o recoñecemento que se merece.

Biblioteca do Porriño + IES Ribeira do Louro

O e-club do lectura ten unha sección no IES Ribeira do Louro do Porriño. En cada trimestre selecciónanse tres obras para ser tratadas. Realízanse guías de lectura de cada uha delas que son colgadas nesta web para que os alumnos e alumnas as descarguen e contesten nela ás preguntas incluídas na guía. Ademais, en cada trimestre o club reúnese no instituto para falar presencialmente das obras tratadas. Conxugamos así os beneficios dos clásicos clubs de lectura coas posibilidades dos entornos virtuais.
A biblioteca do Porriño envía cada trimestre á biblioteca do IES varias copias das obras a tratar e outras (cómics, novela, ensaio…) relacionadas.

Advertisement
 
A %d blogueros les gusta esto: