Club de lectura do cómic

Biblioteca Municipal do Porriño

  • Sobre o e-club

  • Categorías

  • Arquivos

Archive for the ‘IESRibeira’ Category

Aya de Yopougon, de Abouet e Oubrerie

Posted by biblioporrinocomic o Maio 8, 2009

ayawebCoa magnífica narración de Marguerite Abouet e o debuxo fresco e vivo de Clément Oubrerie, trasladámonos ata o continente africano, concretamente a Costa de Marfil. Alí nos introduciremos nas rúas de Yopougon, un barrio popular de Abiyán, e viviremos o día a día da súa xente, coas súas situacións cotiás, as súas esperanzas… Aya de Yopougon é o vivo retrato dunha África máis achegada á nosa sociedade, onde se pode ver máis alá dos conflitos bélicos e comprobar que aínda é posible divertirse e vivir en paz.

Descarga a guía de lectura e postea o teu comentario.

Guía nº 03 – 2º Trimestre – Curso 08/09

Advertisement

Posted in IESRibeira, Recensións | Leave a Comment »

Onde ninguén pode chegar, de David Rubín

Posted by biblioporrinocomic o Marzo 4, 2009

RubinDavid Rubín (Ourense, 1977) é un dos autores máis salientables da BD galega. A súa obra “Onde ninguén pode chegar” foi gañadora no 2005, do premio Castealo de banda deseñada, instituído pola Deputación Provincial da Coruña. En decembro de 2005,e sta historieta foi publicada (integrada na novela gráfica “O circo do desalento”) pola editorial vasca Astiberri, mentres que a versión en galego foi publicada por Edicións Lea. “Onde ninguén pode chegar” conta nas súas 54 páxinas a historia dunha antiga parella que se reencontra dez anos despois da súa ruptura. Rubín vai alternando na narración o pasado e o presente. “A intriga do relato se mantén ata a última páxina, que é cando o lector pode atar todos os cabos”.

Descarga a guía de lectura e postea o teu comentario.

Guía nº 02 – 2º Trimestre – Curso 08/09

Posted in IESRibeira, Recensións | Leave a Comment »

Trazo de tiza, de Miguelanxo Prado

Posted by biblioporrinocomic o Xaneiro 15, 2009

pradoweb1Miguelanxo Prado ( A Coruña, 1958 ) é o autor máis importante na historia da banda deseñada galega e un dos autores españoles máis reputados e respectados internacionalmente, sendo a súa obra de maior repercusión a multipremiada “Trazo de Tiza” (1992).
Trazo de tiza foi a primeira historia longa do autor (consta de 63 páxinas de historieta en total), cuxa obra se compoñía ata entón de historietas de curta extensión, e rematou sendo tamén a súa obra máis coñecida e que tivo maior repercusión, coseitando unha longuísima listaxe de premios a nivel internacional.
Descarga a guía de lectura e postea o teu comentario

Guía nº 01 – 2º Trimestre – Curso 08/09

Posted in IESRibeira, Recensións | 3 Comments »