Club de lectura do cómic

Biblioteca Municipal do Porriño

  • Sobre o e-club

  • Categorías

  • Arquivos

Novas incorporacións

Posted by biblioporrinocomic o Novembro 6, 2007

Incorporamos novas obras para a sección xeral e de adultos, entre as que destaca a colección das aventuras do Capitán Torrezno:

  • Escala real / Santiago Valenzuela.– Alicante : Ponent, 2003.– 124 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Las aventuras del capitan Torrezno (Ponent) ; 2)
  • Limbo sin fin / Santiago Valenzuela.– Alicante : Ponent, 2003.– 110 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Las aventuras del capitan Torrezno (Ponent) ; 3)
  • Extramuros / Santiago Valenzuela.– Alicante : Ponent, 2003.– 134 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Las aventuras del capitan Torrezno (Ponent) ; 4)
  • Los años oscuros / Santiago Valenzuela.– Alicante : Ponent, 2006.– 110 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Las aventuras del capitan Torrezno (Ponent) ; 6)
  • Capital de provincias del dolor / Santiago Valenzuela.– Alicante : Ponent, 2005.– 166 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Las aventuras del capitan Torrezno (Ponent) ; 5)
  • El gabinete del doctor Salgari / Santiago Valenzuela.– [Bilbao] : Astiberri, 2007.– 103 p. : cómic b. e n. ; 21 x 22 cm
  • Mis circunstancias / Lewis Trondheim ; [traducción Mª Pilar León].– 2ª ed.– [Bilbao] : Astiberri, 2005.– 144 p. : cómic b. e n. ; 24 cm.– (Sillón orejero (Astiberri))
  • Goodbye / Yoshihiro Tatsumi.– Barcelona : La Cúpula, 2004.– 146 p. : cómic b. e n. ; 24 cm.– (Gekiga (La Cúpula))
  • Infierno / Yoshihiro Tatsumi.– Barcelona : La Cúpula, 2004.– 146 p. : cómic b. e n. ; 24 cm.– (Gekiga (La Cúpula))
  • Metralla / Rutu Modan.– Madrid : Sinsentido, D.L. 2006.– 167 p. : cómic cor ; 24 cm
Advertisement

Posted in Incorporacións | Leave a Comment »

Máis cómics para a ponte do Pilar

Posted by biblioporrinocomic o Outubro 9, 2007

Hoxe mesmo incorporamos novos cómics á colección para que podades degustar nesta ponte do Pilar que se aveciña, entre os que destacan os sete volumes da serie Sin City de Frank Miller publicados por Norma. En concreto son:

Agujero negro / Charles Burns. — 2º ed. — Barcelona : La Cúpula, 2007. — 365 p. : cómic b. e n. ; 24 cm. — (La Cúpula cómix. Novela gráfica). — CAE, R. 16676

Contrato con Dios : la trilogía : la vida en la avenida Drospie / Will Eisner.– Barcelona : Norma, D.L. 2006.– 498 p. : cómic b. e n. ; 27 cm.– (Will Eisner (Norma) ; 17). — Contén: Contrato con Dios ; Ansia de vivir ; La avenida Drospie. — CXAI, R. 16693

Nausicaä : del valle del viento / Hayao Miyazaki.– Barcelona : Planeta DeAgostini, D.L. 2001.– 6 vol. : cómic b. e n. ; 26 cm. — Incorporamos os volumes do 3 ao 6. – CXMS, R. 16577

El duro adiós / Frank Miller.– Barcelona : Norma, 2005.– 200 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 1). — CAAI, R. 16682

Mataría por ella / Frank Miller.– 3ª ed.– Barcelona : Norma, 2005.– 206 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 2). — CAAI, R. 16683

La gran masacre / Frank Miller.– Barcelona : Norma, 2005.– 183 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 3). — CAAI, R. 16684

Ese cobarde bastardo / Frank Miller.– 3ª ed.– Barcelona : Norma, 2005.– 183 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 4). — CAAI, R. 16685

Valores familiares / Frank Miller.– Barcelona : Norma, 2005.– 123 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 5). — CAAI, R. 16686

Alcohol, chicas y balas / Frank Miller.– Barcelona : Norma, 2005.– 151 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 6). — CAAI, R. 16687

Ida y vuelta al infierno / Frank Miller.– Barcelona : Norma, 2005.– 296 p. : cómic b e n. ; 23 cm.– (Sin City (Norma) ; 7). — CAAI, R. 16688

Posted in Incorporacións | Leave a Comment »

Novas incorporacións

Posted by biblioporrinocomic o Setembro 28, 2007

Esta semana incorporamos algunhas novidades á colección, son as seguintes:

Ha muerto un hombre / guión, Kris y Étienne Davodeau ; dibujo y color, Étienne Davodeau.– Rasquera [Tarragona] : Ponent Mon, D.L. 2007

Caída de bici / Étienne Davodeau.– Barcelona : Ponent Mon, 2006

La voluptuosidad / Blutch.– Barcelona : Ponent Mon, D. L. 2007.

La mala gente : una historia de militantes / Étienne Davodeau; [traducción, Ana Millán].– Rasquera : Ponent Mon, 2006

Nunca me has gustado / Chester Brown ; traducción Óscar Palmer.– Bilbao : Astiberri, 2007.

Cuando el viento sopla / Raymond Briggs ; [versión de Rosa Montero].– [Madrid] : Debate, 1983. 

El libro de los conejitos suicidas / Andy Riley.– Bilbao : Astiberri, 2007.

Fresa y chocolate / Aurélia Aurita.– Barcelona : Ponent Mon, 2006.

Viviendo del cuento / Juanjo Saéz.– Barcelona : Mondadori, 2004.

Posted in Incorporacións | Leave a Comment »

Éxito da cosplay

Posted by biblioporrinocomic o Setembro 19, 2007

Todo un éxito a inauguración da comicteca, que tivo lugar o venres 14 de setembro, a través dunha festa “cosplay” (na que se asiste disfrazada da personaxe de cómic preferida). A festa contou cunha grande cantidade de público, tanto menores como adultos, que tomaron un primeiro contacto co fondo fundacional da comicteca, e na que tamén se proxectaron “animes” , é dicir, animacións do manga xaponés. O acto contou tamén coa presenza da Delegada de Cultura de Pontevedra, María Jesús López Escudero, quen felicitou á biblioteca porriñesa por innovar apostando pola presenza da banda deseñada nas bibliotecas públicas.

Podes ver máis fotos clicando aquí.

Posted in Noticias, Xeral | Leave a Comment »

Período Glaciar, Nicolas de Crécy

Posted by biblioporrinocomic o Setembro 17, 2007

Período Glaciar / Nicolas de Crécy.– Rasquera (Tarragona) : Ponent Mon, D.L. 2006.– 76 p. : cómic cor ; 30 cm.– D.L. B 40404-2006.– ISBN 84-96427-36-61.– Cómic europeo.– 821.133.1-91″20″
R. 16061

A comezos do século XXI as previsións sobre o cambio climático fanse realidade. A contaminación pon en marcha o quentamento global da atmosfera que trae como consecuencia o inicio dun novo período glaciar. Europa conxélase, e os poucos habitantes que sobreviven escapan ao sur onde as temperaturas son máis cálidas. Mil anos despois, isto é, a principios do terceiro milenio, a humanidade perdeu todo coñecemento sobre o seu pasado. Non saben quen éramos os habitantes do “século da preconxelación”, a nosa fisionomía, costumes, cultura. Trátase dunha humanidade en certo sentido orfa, que practicamente nos coñece a través do mito. Un excéntrico millonario organizará unha expedición ao norte, ao “continente xeado”, para buscar os restos desa civilización perdida.

Trátase dun equipo de especialistas en distintos campos (historiadores, arqueólogos…) que buscan “a aglomeración”, identificada con París, acompañados por un grupo de “cans”. As comiñas débense a que, en realidade, son estes unha mestura xenética entre cans e cochos, un animal xeneticamente modificado para facelo máis parecido ao home. De feito falan e compórtanse como humanos, e aínda poden sentirse desgraciados por unha aparencia que non resulta atractiva para as mulleres humanas. Pregúntome por que Nicolas de Crécy non optou por mesturar tamén os xenes dun chimpancé. Cunha chiscadela irónica, eses “cans” son bautizados co nome de superheroes (Hulk, Spiderman…) que a humanidade do futuro interpreta como divindades da nosa época. De feito, a personaxe central da historia é un deles, Hulk, un animal cun olfacto prodixioso que nos conducirá a través desta pequena historia.Hai moitas referencias, ironías e críticas nesta obra de Crécy. A partir da reflexión de que este mundo en que vivimos é decadente e está catapultándose cara o abismo, o autor, a través das súas personaxes fai un parangón bíblico coa época do Antigo Testamento, para amosarnos unha sociedade perdida, sen referencias, entregada ao sensualismo. As referencias á Torre de Babilonia, e as súas nefastas consecuencias, son claras, do mesmo xeito que a alusión específica ao diluvio universal: o “Período glaciar” é un novo castigo divino para unha sociedade corrupta. Interpretación relixiosa que parte inconscientemente das súas personaxes (que paradoxalmente non conservan o concepto de relixión), que andan a buscar a explicación dos sucesos acaecidos mil anos antes, porque a visión de De Crécy é, máis ben, a dunha sociedade putrefacta que cae polo seu propio peso. Unha sociedade contaminada na que a realidade é substituída pola imaxe (“ata o punto de que se fixo imposible examinar a realidade a non ser mediante imaxes. A súa realidade xa non era efectiva, e iso trouxo consigo a súa perda”).Tanto que as súas personaxes interpretarán a vida da era da preconxelación a través dunha serie de imaxes: os cadros do Louvre. Atopan o museo parisiño como por arte de maxia, nunca mellor dito, e non sendo conscientes da idea mesma de “museo”, interpretan os cadros de xeito anacrónico. Cidadáns sen historia, non son conscientes de que a historia da humanidade percorreu un longo proceso do que eles son a consecuencia final, de xeito que a antigüidade clásica é unida á vida decimonónica, por exemplo. Eles son, sen embargo, humanos, cos mesmos defectos daqueles a quen critican: “¿Como se pode vivir coa imaxe como única fonte de visión? ¡Os nosos antepasados eran zafios!”, indica unha das personaxes, sen entender que eles mesmos están usando as imaxes do Louvre como única fonte de visión dun mundo xa pasado. Penso, neste punto, que a pesar do que se soe dicir, non existe aquí unha crítica aos historiadores da arte, senón a un mundo absolutamente dominado pola imaxe, á ditadura da imaxe. Ao mundo no que nada existe se non sae na televisión, a un mundo no que as persoas valoran máis o continente que o contido. Neste sentido cobra importancia a referencia á “diáspora” das obras do Louvre; cobizadas por todos, a colección pictórica do museo parisiño anda dun lado a outro do continente nunha época, a da II Guerra Mundial, no que Europa cubríase de cadáveres. A imaxe como mito: o cadro da Gioconda bórrase de non ser observado.

O cómic é absolutamente eurocentrista. De feito, tras a conxelación, os habitantes da Terra escapan ao sur, a un sur indeterminado (África, suponse) onde se perde a memoria da humanidade. E para reencontrarse coa civilización humana anterior (occidental, suponse), os homes volven de novo ao mítico “continente xeado” é dicir, Europa. Penso que aí reside o fallo da historia: parece improbable que en 1.000 anos, por moita catástrofe que sexa, a humanidade non sería quen de perder a súa Historia, e sinxelamente o digo porque nos 5.000 anos pasados, e tendo en conta todas as limitacións tecnolóxicas que había, non o fixemos. Parece dubidoso, pois, que nos 1.000 posteriores o fixeramos, tanto como para ser tan infantís de pensar que os humanos tiveramos outra fisionomía distinta. Aínda así, Europa, o mítico continente do que nin sequera saben o nome nin a morfoloxía, non se libra da crítica, sendo “redescuberta” nunha moeda dun euro e pasando a ser bautizada como “Euro”. Nin que dicir ten que De Crécy mándalle unha estocada a esta nosa sociedade supostamente humanista da que soamente quedan as ruínas dun museo e unha triste moeda perdida nun mercado. A ditadura da imaxe e a ditadura dos cartos.

A historia cobra cara o final un matiz un tanto lisérxico, cando as obras de arte recobran unha vida nada digna, e remata nun final aínda máis surrealista.

Posted in Recensións | 2 Comments »

Comezo do e-club

Posted by biblioporrinocomic o Agosto 6, 2007

O club de lectura do cómic comezará a súa andadura a segunda quincena de setembro coincidindo coa inauguración da comicteca.

Posted in Xeral | Leave a Comment »